Arturo Andrade
Arturo Andrade (1956) é un artista multidisciplinar cunha ampla traxectoria na escultura, a pintura e a construción artesanal de instrumentos musicais. A súa obra caracterízase pola experimentación cos materiais e pola procura dun equilibrio entre forma, natureza e emoción.
Ao longo da súa carreira expuxo en Galicia, no resto do Estado e no estranxeiro, mantendo sempre un forte vínculo con Allariz, territorio que continúa inspirando boa parte da súa creación.
A súa obra
Nos últimos anos incorporou tamén a luthería, construíndo de maneira artesanal violíns, violas e violonchelos.
A obra de Arturo Andrade forma parte da paisaxe cultural de Allariz, onde poden descubrirse distintas esculturas e intervencións públicas que contribúen á identidade artística do territorio.



