Inés Rodríguez

Inés Rodríguez é artesá e creadora de RIR & Co, o seu obradoiro de deseño téxtil situado en Allariz. O proxecto nace da súa paixón pola arte, o deseño e a artesanía, reunindo diferentes intereses creativos como o tecido, o bordado, a ilustración, a cor e os materiais naturais.

Inés Rodríguez

A súa obra

Desde o seu obradoiro crea tecidos artesanais contemporáneos, elaborados principalmente en tear manual e inspirados na tradición, na natureza e na experimentación con novas técnicas e materiais. O seu traballo presta especial atención á cor, ás texturas e ao tacto, apostando por pezas únicas e por unha produción sostible e coidada.

Inés Rodríguez obra 1
Inés Rodríguez obra 1
Inés Rodríguez obra 1Inés Rodríguez obra 2Inés Rodríguez obra 3Inés Rodríguez obra 4Inés Rodríguez obra 5