Mercedes Veites – Lumecú

Mercedes Veites é deseñadora, patronista e creadora de Lumecú, un proxecto de artesanía téxtil que desenvolve desde o seu obradoiro en Vilar de Santos. Formouse en Deseño de Moda e Patronaxe e en 2019 puxo en marcha a súa propia marca, facendo do rural o espazo desde o que crear e reivindicar a cultura e a artesanía galegas.

É tamén unha das impulsoras da Asociación de Artesáns da Limia – Limiar, nacida en colaboración co Museo da Limia de Vilar de Santos para promover e conservar os oficios artesanais da comarca.

Mercedes Veites – Lumecú

A súa obra

Lumecú parte da vestimenta tradicional galega para crear pezas adaptadas á actualidade, recuperando formas, materiais e referencias do pasado e trasladándoas ao deseño contemporáneo. O proxecto abrangue desde traxes tradicionais ata camisas, vestidos, complementos e outras pezas de uso cotián.

Mercedes Veites – Lumecú obra 1

O seu traballo aposta polos tecidos naturais e ecolóxicos, a produción artesanal e a recuperación de materiais como o liño, conectando tradición, sustentabilidade e vida no rural.

Mercedes Veites – Lumecú obra 1
Mercedes Veites – Lumecú obra 1Mercedes Veites – Lumecú obra 2Mercedes Veites – Lumecú obra 3Mercedes Veites – Lumecú obra 4