A Arca da Noe – Noemí Vázquez
A Arca da Noe é unha taberna cultural e sala de concertos creada por Noemí Vázquez Nogueiras en 2014, no corazón de Vilar de Santos. Naceu co propósito de crear un lugar de encontro arredor da música, a arte e a cultura e, ao mesmo tempo, contribuír a manter vivo e dinámico o rural da Limia.
Co paso dos anos converteuse nun referente da programación cultural no rural galego, recibindo en tres ocasións o Premio Martín Códax da Música á mellor sala de concertos de Galicia.
A súa obra
A música ao vivo é o principal eixo da Arca. Pola súa sala pasaron artistas galegos, estatais e internacionais de estilos moi diversos: música tradicional, folque, jazz, rock, indie, canción de autor ou músicas do mundo. A súa programación complétase con exposicións, presentacións de libros, obradoiros, mercados e outras propostas culturais.
A Arca desenvolve así unha intensa actividade cultural desde Vilar de Santos, demostrando a capacidade do rural para ser tamén espazo de creación, encontro e difusión artística.






