Diego Currás

Diego Currás é canteiro e escultor especializado no traballo artesanal da pedra, cunha traxectoria vinculada á construción, á creación e á recuperación do patrimonio.

Desenvolve a súa actividade desde o seu taller na Telleira, no concello de Taboadela, convertendo este territorio no centro dunha práctica que mantén vivo o oficio tradicional da cantería e o adapta a proxectos contemporáneos.

Diego Currás

A súa obra

O seu traballo abrangue a cantería fina, a escultura e a restauración, así como a creación de fontes, hórreos, muíños, estruturas, muros, empedrados e traballos en pedra seca.

Diego Currás obra 1

Participou tamén en importantes intervencións patrimoniais, entre elas traballos na Catedral de Santiago de Compostela. A súa filosofía incorpora ademais o reaproveitamento dos materiais, almacenando os sobrantes de pedra para a súa posterior reutilización.

Diego Currás obra 1
Diego Currás obra 1Diego Currás obra 2Diego Currás obra 3Diego Currás obra 4Diego Currás obra 5Diego Currás obra 6