Manuel Vidal Rodríguez

Manuel Vidal Rodríguez (Maceda, 1871 – Santiago de Compostela, 1941) foi escritor, dramaturgo, docente e investigador. Doutor en Filosofía e Letras, desenvolveu unha extensa actividade intelectual e literaria, ademais de colaborar en diferentes publicacións e exercer como profesor de Literatura.

A súa relación con Maceda, a súa vila natal, está moi presente na súa produción. Nas súas narracións recuperou historias, costumes, personaxes e a fala popular da súa terra, deixando un interesante testemuño literario da sociedade macedá do seu tempo.

Retrato de Manuel Vidal Rodríguez, autor de Maceda

A súa obra

Cultivou a narrativa, o teatro e o ensaio, escribindo tanto en galego como en castelán. Entre as súas obras destacan Don Porrazo (1909), Contos galegos d’antano e d’hogano (1920) e Deixe que xa… (1931). No ámbito teatral escribiu pezas como La Reina Lupa, ¿De quen é a vaca?, O sí de Gabriela ou ¿Quen manda na casa?

Manuel Vidal Rodríguez, obra e traxectoria (Maceda)

Especialmente significativa para o xeodestino é Don Porrazo, unha novela de costumes construída a partir dunha historia que o propio autor escoitou durante a súa infancia en Maceda e na que retrata a súa comarca natal e as súas xentes.

Manuel Vidal Rodríguez, obra e traxectoria (Maceda)
Manuel Vidal Rodríguez, imaxe 2 da súa obra (Maceda)Manuel Vidal Rodríguez, imaxe 3 da súa obra (Maceda)