Os Farrumecos son unha das figuras máis singulares do Entroido tradicional de Xunqueira de Ambía, especialmente na parroquia de Sobradelo. Co rostro cuberto e unha indumentaria feita con mantas, colchas, mandís, lazos e retallos de cor, percorren as rúas e as casas recuperando unha tradición popular que combina identidade, humor e participación veciñal.